RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Enrique Maya tamén desctacou a importancia do Camiño Francés. "Todos os Camiños teñen a súa importancia", sinalou, "pero este é o que nos une con Europa; atravesando de lado a lado, de leste a oeste, toda España, e polo tanto temos o orgullo de ser Europa", porque engadiu, o Camiño de Santiago "é Europa".
A AMCS celebra hoxe e mañá as "Xornadas de Encontro de Alcaldes do Camiño de Santiago Francés", co obxectivo de estreitar lazos entre os representantes dos municipios da asociación, manter contactos institucionais con outras administracións e co arcebispado, e visibilizar tanto á entidade como o seu labor en favor do Camiño de Santiago.
Mañá, os integrantes da AMCS reunidos en Santiago acudirán á Misa do peregrino, onde Enrique Maya, como presidente da entidade, realizará a ofrenda ao Apóstolo Santiago.
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) é unha entidade sen ánimo de lucro integrada por municipios do Camiño Francés, que se asociaron para contribuír á xestión desta ruta xacobea. Foi en 2015, en Burgos, cando tivo lugar o acto de fundacion. Xa antes, en 2011, asinárase un protocolo para a constitución dun Observatorio Xacobeo, na cidade de Xaca, en Huesca. A este protocolo adheríronse os concellos de Xaca, Logroño, Burgos, Astorga e Santiago de Compostela; e supuxo o xerme do que, máis adiante, adopta a identidade xurídica de Asociación de Municipios do Camiño de Santiago. Neste momento, a entidade integra a 109 municipios, e no seu conxunto, constitúe un modelo de cooperación, de solidariedade entre concellos e de respecto á diversidade: valores que fundamentan á propia ruta Xacobea.
Sindo Guinarte e o presidente da AMCS destacan a importancia do Camiño Francés como nexo de unión con Europa
05/11/2022 O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e delegado do Ano Santo, Sindo Guinarte, recibiu no Pazo de Raxoi a un grupo de 32 alcaldes, todos eles integrantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), encabezados por Enrique Maya, alcalde de Pamplona presidente da entidade, da que forma parte o Concello de Santiago de Compostela.
Na súa intervención, Sindo Guinarte, destacou a importancia do Camiño Francés, "referencia de todas" as demais rutas xacobeas, "a que ten unha maior tradición, a que serviu para vertebrar o norte de España a través da cultura, das ordes relixiosas, dos mosteiros, dos hospitais, etc. ". Lembrou as palabras de Goethe, quen dixo "que Europa se fixo peregrinando a Compostela". E, continuou, como Compostela, "nace, se constrúe, se vertebra a través das vías de entrada dos peregrinos á cidade, e á catedral, Santiago non debe esquecer cal é a súa esencia". Por iso finalizou, "cando se creou a Asociación de Municipios do Camiño, Santiago tiña que estar aí como membro fundador".Enrique Maya tamén desctacou a importancia do Camiño Francés. "Todos os Camiños teñen a súa importancia", sinalou, "pero este é o que nos une con Europa; atravesando de lado a lado, de leste a oeste, toda España, e polo tanto temos o orgullo de ser Europa", porque engadiu, o Camiño de Santiago "é Europa".