ALCALDÍA

Cinema galego para televisión no Principal

24/04/2007 O Teatro Principal acolleu a presentación do filme "O bosque de levas", unha produción realizada integramente en galego para televisión. Está dirixida por Antón Dobao e baseada nunha novela de Alfonso Álvarez Cáccamo.

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, asistiron á exhibición no recinto compostelán, nunha sesión que contou coa presenza dunha importante representación do audiovisual galego. O filme foi rodado en Súper 16 mm e ten unha duración de 97 minutos.

O argumento fala da historia dun matrimonio que vive nunha urbanización da periferia urbana cos seus tres fillos. De repente comezan a suceder cousas estrañas e teñen que aceptar o feito de que algo ou alguén convive con eles.

Compartir: