EMUVISSA
Pirsa Norte construirá unhas 49 vivendas de protección autonómica de prezo concertado, e Ruafer un total de 216 vivendas, na súa maioría tamén de protección autonómica de prezo concertado.
Aprobada a proposta de expropiación do SUNP-14 de mutuo acordo
23/04/2007 Na sesión ordinaria do Consello de Administración de Emuvissa (Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago) deuse o visto bo á proposta de aprobación de bases de mutuo acordo de expropiación no ámbito do plan de sectorización do SUNP-14 Tras Paxonal, así como o mutuo acordo de expropiación con Construcións Ruafer e Pirsa Norte neste ámbito.
Entre as dúas entidades dispoñen dun total de 63.247 metros cadrados, o que supón o 84,60% da superficie do ámbito, no que se construirán vivendas de protección autonómica de prezo xeral, de prezo concertado, vivendas libres e unifamiliares de realoxo.Pirsa Norte construirá unhas 49 vivendas de protección autonómica de prezo concertado, e Ruafer un total de 216 vivendas, na súa maioría tamén de protección autonómica de prezo concertado.