RELACIÓNS VECIÑAIS

Os veciños de Compostela homenaxearon aos presidentes das asociacións "Raigame" e "Ponte Sionlla"

20/04/2007 O restaurante Castro acolleu a cea coa que o Concello e os veciños de Santiago quixeron render homenaxe a Xaquín Mato Castro, presidente da asociación "Raigame" do Ensanche, e a María Cruz Vázquez Veiga, máxima responsable da asociación "Ponte Sionlla" de Enfesta, pola súa longa traxectoria no movemento veciñal.

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta homenaxe, á que tamén asistiu o concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, distintos membros da Corporación e arredor de 150 representantes das diferentes asociacións veciñais da cidade.

Compartir: