ALCALDÍA

A Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencias reúnese en Santiago

19/04/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos participantes no XVIII Congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencias (SEMES). Celébrase do 19 ao 21 de abril en Santiago e no Barbanza.

O comité organizador do evento explicoulle a Sánchez Bugallo o programa e o obxectivo deste Congreso, no que se pretende "a actualización de coñecementos a través da exposición e do intercambio de opinión e a consecución da calidade científica nos diferentes foros de debate". As xornadas articúlanse en diversos talleres e mesas redondas.

Compartir: