SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE

O Concello condena e rexeita o acto vandálico contra o sinal de entrada a Santiago

12/07/2022 O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita a pintada realizada no sinal indicador de poboación situado na entrada de San Lázaro, acontecida na madrugada do pasado luns. Rapidamente a empresa de mantemento da sinalización procedeu a pasada noite a súa limpeza e por fortuna, xa se volven apreciar as cores orixinais, coa bandeira LGTBI.

Desde o Concello de Santiago, considérase que este tipo de actos vandálicos non teñen cabida nunha cidade como Compostela, caracterizada polo respecto a diversidade e á igualdade.

Estes sinais, coas cores da bandeira arco iris, instaláronse no marco dos actos programados con Compostela Diversa, para difundir que Santiago é unha cidade de liberdade para as persoas LGTBIQ, e libre de LGTBIQfobia. A moción conxunta neste sentido aprobouse por todos os grupos da Corporación Municipal en xullo de 2021.

Compartir: