EDUCACIÓN

Publicación das listaxes de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Verán

20/06/2022 Unha vez realizado o sorteo público das prazas do Programa de Conciliación de Verán 2022, publícanse as listaxes da prazas adxudicadas nas seis quendas previstas.

O programa municipal de conciliación de verán 2022 desenvolverase en seis quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.

Hai seis quendas: do 23 de xuño ao 1 de xullo (6 días); do 4 ao 15 de xullo (10 días); do 18 ao 29 de xullo (9 días); do 1 ao 12 de agosto (10 días); do 17 ao 31 de agosto (11 días) e do 1 ao 9 de setembro (aproximadamente 7 días). O horario será de 9:00 a 14:00 horas. Ofrécese a posibilidade de que as familias poidan solicitar ademais un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).

Por cada unha das quendas hai 180 prazas para obradoiros e actividades. Para almorzó hai 90 prazas e para xantar outras 90.

As listas de prazas adxudicadas poden consultarse ao pé desta información.

É moi importante que as familias que resultaron adxudicatarias de praza pero que non a necesitan o comuniquen inmediatamente por correo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal (indicando o nome do neno/a e a quenda/s nas que se da baixa), aos efectos de que outras persoas en lista de agarda poidan participar e tamén de cara ao organización dos grupos e dos servizos do programa.

Compartir: