CENTROS SOCIOCULTURAIS
Este conxunto de actividades son abertas e de balde, e forman parte de "Os venres de xuño xogamos", que se desenvolven no marco do programa "Vive o verán 2022". Unhas actividades que continuarán o 17 e 24 de xuño, no mesmo horario e lugar, no Paseo da Ferradura, con circuitos de xogos, xogos de sempre (corda, mariola, etc.), e xogos cooperativos con paracaídas. Na tarde do 24, día de San Xoán, ás 19:00 h, a compañía de monicrequese "Tarabelos" representará, "Sabela e o paxaro máxico", obra que porá o punto final a este ciclo de "Os venres xogamos".
A Alameda de Santiago acolle este venres as actividades para a cativada adiadas o pasado día 28, "Día Internacional do Xogo"
09/06/2022 O Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, acolle mañá, 10 de xuño, distintas actividades de ocio programadas pola Rede de Centros Socioculturais para conmemorar o "Día Internacional do dereito ao xogo". Entre as 17:00 h e as 20:00 h a cativada poderá gozar co circuito de xogos de habilidade e xogos tradicionais, cos inchables, coa animación de "Zancudos do Circo" e da compañía "Troula"; e co espectáculo, ás 18:00 h de Antón Ke.
Ás 18:00 h tamén está prevista a lectura do artigo 31 da "Convención sobre os dereitos da Infancia" no que se pon de manifesto que "xogar é un dereito". O citado artigo recoñece "o dereito dos nenos e nenas ao descanso, ao lecer, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade", así como a "participar libremente na vida cultural e nas artes". O "Día Internacional do dereito ao xogo" conmemórase o 28 de maio. Todas estas actividades estaban programadas para ese día, para o pasado venres; pero decidiuse adialas por mor da choiva e celebralas mañá.Este conxunto de actividades son abertas e de balde, e forman parte de "Os venres de xuño xogamos", que se desenvolven no marco do programa "Vive o verán 2022". Unhas actividades que continuarán o 17 e 24 de xuño, no mesmo horario e lugar, no Paseo da Ferradura, con circuitos de xogos, xogos de sempre (corda, mariola, etc.), e xogos cooperativos con paracaídas. Na tarde do 24, día de San Xoán, ás 19:00 h, a compañía de monicrequese "Tarabelos" representará, "Sabela e o paxaro máxico", obra que porá o punto final a este ciclo de "Os venres xogamos".