POLITICAS SOCIAIS E SAÚDE

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde visitan a mesa da AECC instalada na Praza Roxa

12/05/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, visitaron este mediodía a mesa da Asociación Española contra o Cancro (AECC) instalada na Praza Roxa, co obxectivo de recaudar fondos para seguir mantendo os seus programas e servizos. Alí, despois de depositar os seus respectivos donativos, interesáronse pola actividade que leva a cabo a entidade, e saúdaron ao presidente da asociación en Compostela, Francisco Pais.

Sánchez Bugallo lembrou que cada ano falecen de cancro en España unhas cen mil persoas. "É unha enfermidade terrible, que afortunadamente experimentou notables avances, xa que cada vez é maior o número de persoas a superan". Un número que, indicou, será maior conforme avance a investigación científica e tamén "as medidas preventivas, porque a clave, moitas veces, está en podelo diagnosticar rapidamente".

O rexedor destacou o labor, "magnífico", do servizo de oncoloxía do CHUS, e lamentou o falecemento, da doutora Mari Carmen Porto, "pioneira na posta en marcha deste servizo en Santiago". Sánchez Bugallo finalizou sinalando que queda "moito camiño por percorrer", aínda que "afortunadamente, tamén hai moito camiño percorrido, e todos temos que estar aí".

A Asociación Española Contra o Cancro de Santiago conta con máis de mil afiliados e presta distintos servizos tanto a familias como a enfermos. Servizos de psicoloxía, servizo de logopeda, atención social, un servizo de perrcuas, ou un servizo de acompañamento que están tramitando neste momento.

Fundada en 1953, a AECC ten como obxectivo principal diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a calidade de vida das persoas que padeceron ou padecen a enfermidade e das súas familias; prestándolle apoio e financiado proxectos de investigación que permitirán unha mellor diagnose e tratamento da enfermidade.

Compartir: