INFRAESTRUTURAS

Melloras no carril de servizo na N-550 entre a Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas

16/04/2007 O carril de servizo na N-550 entre a rotonda da Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas dende o Periférico será acondicionado para mellorar as súas condicións de seguridade e dotalo dunha beirrarrúa.

Este proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno local e suporá un investimento de 255.044 euros. Ademais das novas beirarrúas, tamén se habilitará unha nova barandilla neste tramo, que vai do punto quilométrico 61,995 ao 62,940. Igualmente, realizarase a canalización de augas, de tal xeito que se evitarán as acumulacións de auga que se veñen producindo neste carril en días de moita choiva.

Compartir: