MOBILIDADE

O Concello de Santiago finaliza os labores para mellorar a circulación das rúas de Mallou e da Queimada

09/05/2022 O pasado venres 6 de maio, o Departamento de Tráfico deu remate aos traballos de sinalización vertical e horizontal nas rúas de Mallou e da Queimada, dando así resposta á petición por parte dos veciños da zona para mellorar a seguridade e a mobilidade destas rúas e a súa contorna.

Os traballos desenvolvidos centráronse na colocación de sinais de circulación e de pintado das calzadas nas rúas de Mallou e da Queimada, que permite establecer un único sentido para o tráfico.

Deste xeito, na rúa de Mallou, dende o cruzamento coa rúa da Queimada, queda unha soa dirección de circulación, en sentido baixada cara a rúa do Cruceiro da Coruña.

Pola súa banda, a rúa da Queimada permanecerá en sentido subida. Dado que se trata dunha vía con dous carrís, obtouse pola modificación do seu aparcamento que era en liña, pasando a estacionar en bateria, conseguindo mais aparcamento e un estreitamento da calzada co motivo de pacificar a circulación.

Compartir: