SERVIZOS SOCIAIS

Continúa o I Torneo de Futbol-Sala Fontiñas

11/04/2007 Estase a celebrar no barrio de Fontiñas o I Torneo de Futbol-sala impulsado polo equipo do Proxecto "Educación de rúa". Trátase dunha das actividades pertencente ao Programa de intervención familiar, que ofrece novas alternativas para o tempo libre que fomentan a construción de criterios racionais, partindo dos intereses e inquietudes dos mozos e mozas.

O torneo foi proposto polos propios rapaces e rapazas aos educadores de rúa nunha sondaxe realizada a finais de 2006 nos centros educativos do barrio, co fin de coñecer as súas preferencias de cara á programación de novas actividades para o 2007.

Compítese en dúas categorías, primaria e secundaria. Están inscritos 10 equipos. Os resultados, a clasificación e os goleadores pódense consultar na páxina web do Torneo.

Compartir: