DEPORTES

Arranca no Multiúsos Fontes do Sar a Liga Nacional infantil de Karate coa participación de case 700 nenos e nenas de toda a xeografía española

22/01/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo presidente da Federación Galega, Óscar Lafuente, e o presidente da Federación Española de Karate, Antonio Moreno, inaugurou o certame esta tarde. 648 nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, pertencentes a 18 federacións autonómicas competirán polos títulos nas diferentes categorías.

A Liga Nacional de Karate é unha competición que se desenvolve en tres fases, dúas de carácter clasificatorio e unha final, á que só acceden os 8 primeiros clasificados do ranking da Liga Nacional, tras a disputa das dúas fases previas. Así, Santiago acollerá este fin de semana a primeira fase do circuíto nacional nas categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil que será seguida por unha segunda fase que terá lugar en Ávila, o 5 e 6 de novembro de 2022. A competición final terá lugar de novo en Galicia, en concreto en A Coruña, do 16 ao 18 de decembro de 2022.

Nesta primeira fase da Liga Nacional Infantil 2022, está previsto que participen 648 deportistas: 383 Liga Masculina e 265 na Liga Feminina Iberdrola. Con idades comprendidas entre os 6 e 13 anos, os participantes forman parte de 104 clubs de toda España que pertencen a 18 federacións autonómicas. A eles súmanse 45 árbitros, e 30 persoas da organización.

Información práctica
A competición celebrouse este sábado 22 de xaneiro en horario de 13:00 h a 20:00 h, e o domingo 23 de 09:00 h a 13:30 h. Estará permitida a presenza de público no Multiusos do Sar, e a entrada serád e balde. Tamén se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube da Real Federación Española de Karate. Ademais tamén se poden seguir os resultados da competición a través de www.karatescoring.com, plataforma web coa que a RFEK xestiona as súas competicións.

Compartir: