ACLARACIÓN

Nota aclaratoria sobre a información de que o Concello descarta levar aos xulgados o retraso nas obras de Concheiros

08/01/2022 En relación á información sobre que o Concello de Santiago descarta levar ao xulgado á empresa adxudicataria ante un posible retraso na execución da reforma de Concheiros, aclarar que:

O que se trasladou desde o Concello non é unha actitude ou decisión pasiva xa que, dacordo co establecido na Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), a administración tutélase a si mesma e non precisa acudir aos xulgados para impor penalidades ou mesmo para resolver o contrato con imposición de prohibicións de contratar.

Medidas todas elas que se toman en base ao principio de autotutela pola propia administración, chegado o caso. Neste suposto sería a empresa a que tería que acudir ao amparo xudicial se estivese desconforme coas decisións administrativas, que ademais serían inmediatamente executivas e executorias.

Non hai, por tanto, pasividade algunha, senón todo o contrario.

Compartir: