XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o expediente de contratación da xestión das Escolas infantís municipais, e o pago de subvencións a asociacións de comerciantes e entidades veciñais

03/01/2022 O goberno municipal aprobou, en Xunta de Goberno, a xustificación e pagamento das subvencións asociacións veciñais sen ánimo de lucro de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021. Destas axudas, por importe de 37.055,46 euros, beneficiaranse 17 entidades.

Tamén se aprobou a a xustificación e pagamento das subvencións ás asociacións de comerciantes da cidade, por un importe total de 74.237,09 euros. En concreto, a "Fundación Santiago Centro, Área Comercial", percibirá 16.208,61 euros; a "Asociación Em-Rede. Rede de iniciativas empresariais de Santiago e comarca", 3.611,71 euros; a "Asociación de Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental", 24.736,36 euros; a "Asociación Punto Compostela CCA, 23.398,77 euros; e a "Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela", 6.281,64 euros. Outra das xustificacións e pagamentos aprobado foi a subvención nominativa á Asociación do Conservatorio de música tradicional e folque por un importe de 20.000 euros. Todas estas axudas corresponden ao ano 2021.

A maiores, deuse luz verde ao borrador do convenio do convenio co Club Santiago Futsal,e aprobouse a subvención nominativa a favor da citada entidade por valor de 54.000 euros.

En total, nos últimos días celebráronse catro Xuntas de Goberno, unha o 29 de decembro, dúas o día 30 e unha o día 31. Os principais acordos adoptáronse na reunión do día 30 ás 14:45 h., e na celebrada o 29 de decembro.

Nesta última, tamén se aprobou a xustificación e pagamento de varias subvencións nominativas a distintas entidades. Son:
-Asociación Cultural Rocha Forte: 5.000 euros.
-Cursos Universitarios e Internacionais de Música en Compostela: 5.000 euros.
-Performa S. Coop. Galega: 50.000 euros.
-Agrupación Cultural O Galo. 4.616,85 euros.
-Fundación Universidade de Santiago: 9.000 euros.

Ademais aprobouse a aportación de socio do Concello de Santiago á Sociedade para a Promoción da Iniciativas Empresariais Innovadoras S.L. (UNINOVA), por importe de 143.000 euros; e a transferencia ao Consorcio da cidade de Santiago por importe de 82.564,66 euros en execución da addenda ao convenio de colaboración entre este organismo e o Concello de Santiago de xestión do complexo deportivo "Fontes do Sar" (Xunta de Goberno Local do 29/12/2021).

Contratación
En materia de contratación, aprobouse o expediente que ten por obxecto a licitación do servizo de xestión das Escolas infantís municipais de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños e a apertura do procedemento aberto de adxudicación cun orzamento básico de licitación de 3.240.364,30 euros. Este contrato terá unha vixencia de dous anos.

A maiores, deuse luz verde ao expediente denominado "Execución das obras de rehabilitación do edificio Casa das máquinas" Aacondicionamento interior)", abrir o procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado, coa autorización dun gasto de 166.904,43 euros. Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80% sendo o 20% restante con cargo a dotación económica municipal.

Tamén se aprobou o expediente de contratación da obra de "Rexeneración e reforzó estrutural do pavimento da calzada da Rúa Santa de Teresa Jornet (2ª fase)", e a aprtura do procedemento aberto de adxudicación coa autorización dun gasto de 111.260,3 euros.

Ademais, o goberno municipal adxudicou o contrato de "Acondicionamento exterior do xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha Forte" a favor de Alcomte Galicia SL, por un importe de 312.359 euros, IVE engadido, ao ser a oferta máis vantaxosa das presentadas. Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado do Concello de Santiago (EDUSI Santiago) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 nun 80% sendo o 20% restante con cargo a dotación económica municipal (Xunta de Goberno Local do 29/12/2021).

Outro dos contratos adxudicados foi o de "Execución do proxecto de mellora dos accesos peonís cara aos centros educativos de Lamas de Abade. Fase I", a favor da empresa Jstop Obras y Servicios SL, por un importe, IVE engadido, de 102.850 euros (Xunta de Goberno Local do 29/12/2021).

A maiores, acordouse abrir o procedemento de adxudicación do expediente que ten por obxecto a licitación do "Servizo de redacción de plans de autoprotección para o edificio, actividade e locais municipais do Concello de Santiago de Compostela", sendo o orzamento base de licitación de 82.775,11 euros, IVE engadido (Xunta de Goberno Local do 29/12/2021).

Tamén se aprobou a concesión de uso privativo do dominio público municipal para a explotación do quiosco sito no Parque da Alameda á empresa Rosso Pizza SL, que oferta un canon de 4.200 euros/ano a abonar ao Concello, sendo a súa proposta a máis vantaxosa das presentadas. Polo que respecta ao quiosco da Praza de Vigo, deixouse deserta a concesión ante a renuncia da empresa proposta como adxudicataria e única licitadora, que era Rosso Pizza SL. (Xunta de Goberno Local do 29/12/2021).

Na Xunta de Goberno do 29 de decembro, acordáronse, ademais, distintos alleamentos. Son:
1. Adxudicar a "Merendero do Restollal, Sdade. Cooperativa Galega", o alleamento da parcela M8 do SUP-7 do Castiñeiriño (lote 1) por un importe de 412.607 euros máis IVE, comprometéndose tamén a implementar unha superficie de 376 m2 de espazos destinados a usos múltiples comunitarios e destinar 6 vivendas a aluguer protexido.
2. Adxudicar a "AFC Norte SL" o alleamento da parcela BB2 do SUNP-11 do Castiñeiriño (lote 3) por un importe de 732.100 euros máis IVE e da parcela BB5 do SUNP-11 do Castiñeiriño (lote 5) por un importe de 253.100 euros máis IVE.
3. Deixar deserto o alleamento das parcelas UER5 do SUNP-5 (lote 2) e PR4 do SUNP-4 (lote 4) ante a falta de ofertas.

Persoal
Na Xunta de Goberno do pasado día 30, o executivo municipal aprobou a modificación de distintas ofertas de emprego.

En primeiro lugar, a oferta de emprego do Concello de Santiago de Compostela para o ano 2017, aprobada pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 22 de decembro de 2017, e publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 27 de decembro de 2017, e no Diario Oficial de Galicia do 23 de xaneiro de 2018. Os cambios afectan ao apartado de persoal funcionario, quenda libre: as dúas prazas de oficial albanel cambian a súa denominación pola de oficial de servizos múltiples.

A segunda modificación corresponde á oferta de emprego do Concello para o ano 2019, aprobada pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 9 de decembro de 2019, e publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 23 de decembro de 2019, e no Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2019. Suprímese, dentro do apartado de persoal funcionario, quenda libre, unha das dúas prazas de técnico de administración xeral, e unha das catro de uxier; e substitúense, respectivamente, por unha praza de persoal funcionario, técnico/a de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, denominación técnico/a en programación deportiva, grupo A2 de titulación; e por unha praza de persoal funcionario, auxiliar administrativo/a, da escala de administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo 2 de clasificación.

A terceira modificación é a da oferta de emprego do ano 2020, aprobada pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 6 de xullo de 2020, e publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 20 de xullo de 2020, e no Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto de 2020. Dentro do apartado de persoal funcionario, quenda libre, as dúas prazas de oficial albanel cambian a súa denominación pola de oficial de servizos múltiples. Tamén dentro do apartado de persoal funcionario, quenda libre, suprímese unha praza de auxiliar de inspección de servizos, da escala de administración especial, subescala servizos especiais, grupo C e subgrupo 2 de clasificación; e substitúese por unha praza de auxiliar administrativo, da escala de administración xeral, subescala auxiliar, grupo C subgrupo 2 de clasificación.

Outros acordos
O goberno municipal tamén aprobou as tarifas do encargo dos servizos da ORA e guindastre para o exercicio 2021, cun custo de 1.817.763,12 euros. Con efectos a partir do 1 de xaneiro, quedarían do seguinte xeito:
-Servizo ORA. Cunhas tarifas de 38,38 euros a hora, o custo do servizo calculase en 973.822,95 euros (25.372 horas).
-Servizo guindastre. Cunhas tarifas de 50,19 euros a hora, o custo do servizo calculase en 519.131,44 euros (10.343 horas).
-Servizo deposito. Cunhas tarifas de 37,08 euros a hora, o custo do servizo calculase en 324.808.74 euros (8.760 horas). (Xunta de Goberno Local do 29/12/2021).

Entre os acordos adoptados, tamén figura a aprobación do proxecto "Estratexia de Infraestrutura Verde para Santiago de Compostela – Entre Sar e Sarela". En concreto, acordouse a participación no mesmo, e a aceptación do procedemento regulado na Orde TED/1018/2021, do 20 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións da Fundación Biodiversidade, F.S.P., para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas, no marco do "Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia".

Compartir: