ALCALDÍA

Padrón celebrou o Día de Santiago

09/04/2007 As festas de Pascua de Padrón renderon homenaxe un ano máis a Santiago, co día dedicado á nosa cidade. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a Corporación compostelá foron recibidos na Casa do Concello desta vila e viviron por unhas horas estas tradicionais celebracións xunto con padroneses e visitantes.

O alcalde padronés, Jesús Villamor, exerceu de novo de anfitrión. Non faltou a recepción na Casa do Concello, o intercambio de agasallos e a saída ao balcón para saudar aos padroneses. Cómpre lembrar que Compostela corresponde con tales honores dedicándolle un día a Padrón nas festas do Apóstolo.

Compartir: