RELACIÓNS VECIÑAIS

Asignadas 40 viaxes culturais por Galicia para as entidades veciñais

09/04/2007 A Xunta de Goberno local aprobou o calendario de viaxes da convocatoria "Coñecendo o País". Esta iniciativa, á que se destinan 24.000 euros, permitirá ás entidades veciñais a realización dun total de 40 viaxes culturais por Galicia.

Esta iniciativa combina a convivencia entre os veciños e veciñas co coñecemento da variada realidade cultural, histórica, etnográfica e natural de Galicia. As viaxes serán dun día de duración e desenvolveranse os sábados, domingos e festivos. As saídas terán lugar ás 8:30 horas, agás as que teñen como destino Verín, as Médulas ou o Cebreiro, con saída ás 8:00 horas. Todas as excursións contarán con guía e cun seguro de cobertura civil.

O montante global das axudas é do 60% do custo total da excursión. As asociacións veciñais deberá aboar o restante 40%.

Compartir: