INFRAESTRUTURAS

Obras en Moas de Arriba (Figueiras)

09/04/2007 O Goberno local adxudicou as obras de acondicionamento dos terreos públicos do lugar de Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras. Esta actuación suporá un investimento de 59.000 euros.

Grazas a estas obras acondicionarase e axardinarase unha zona en torno ao campo da festa. O prazo de execución é dun mes.

Tamén 59.000 euros son os que se destinarán á substitución da rede de abastecemento na rúa Mallou, e á da rúa de Vidán.

Entre as adxudicacións da Xunta de Goberno destacan tamén as do subministro de sinais para a instalación nas rúas Juan Carlos I, Virxe da Cerca e outras (30.000 euros), e do mobiliario para as pistas deportivas de Volta do Castro, campo da festa de Roxos, campo da festa de Aríns, Choupana e campo de fútbol de Cesar (28.113 euros).

Compartir: