MOCIDADE

Os novos grupos musicais de Santiago amosan o seu traballo

09/04/2007 A Concellaría de Educación e Mocidade organiza un ciclo de concertos no que os protagonistas serán os novos grupos que ensaian nos locais municipais de música. As actuacións terán lugar os días 13 e 27 de abril e o 5 e o 11 de maio. A entrada é de balde.

Mito Escrito, Bronquitis Crónica Pa de la Peña (PLP) e Beatus levarán o rap á explanada do Auditorio de Galicia o venres 13 de abril, a partir das 22:00 horas. O 27 de abril, no mesmo lugar e hora, turno para Midiam, Brétema e Codename. O concerto do 5 de maio trasládase á Praza Roxa, ás 20:30 horas, con Orestes , Materia e Desequilibrio Mental. Para rematar, o 11 de maio actuarán Supersandwich, Hyde e Penny Dreadful novamente xunto ao Auditorio.

O Departamento de Educación e Mocidade pon a disposición dos grupos musicais da cidade un local con dúas salas independentes para ensaios, situados nos baixos do fondo sur do estadio de San Lázaro. Nestas salas, os grupos contan con material básico necesario para os seus ensaios. Neste equipamento municipal están a ensaiar actualmente máis de 40 grupos de mozas e mozas de Compostela.

Compartir: