CENSO

Expostas as listas do censo a partir do luns 9 de abril

04/04/2007 Dende o luns 9 de abril e ata o día 16, estarán expostas ao público as listas do censo. Todos os cidadáns deben consultar a súa situación, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.

O horario de atención ao público para consultas ou para presentar posibles reclamacións administrativas sobre os datos censuais, é de 8.30 h. a 14.30 h., de luns a venres, na Oficina do Padrón Municipal, sita nos baixos do Concello. Tamén poden chamar ao teléfono 981542318.

Para calquera outra consulta poden chamar ao teléfono 901.101.900 no seguinte horario:
De luns a venres: de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00.
Sábados e festivos: de 9:00 a 14:00.

Compartir: