OBRAS

As novas actuacións de rexeneración asfáltica que está acometendo a concellaría de Obras beneficiarán a 20 rúas da cidade

04/11/2021 O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, informou en rolda de prensa das 20 actuacións de rexeneración asfáltica que se están executando na cidade, ou a piques de comezar. Contan cun investimento total de 1.243.763 euros e afectan a 18 rúas de distintos barrios; á Vía Édison, na zona do Polígono do Tambre; e á Avenida de Asturias, onde os traballos están a punto de finalizar.

Javier Fernández agradeceu á cidadanía "a súa paciencia ante as molestias ocasionadas" e sinalou que son actuacións que benefician a cidade, pero sobre todo a veciñanza, que ve como se revitalizan e revaloriza os seus barrios, os polígonos industriais" e, "en definitiva, a cidade.

As obras de rexeneración asfáltica da cidade, están divididas en dous lotes, e contan cun prazo previsto de execución de catro meses. Dez actuacións corresponden ao "Lote 1" que está a adxudicado á empresa Francisco Gómez, SA por importe de 299.109 euros. Acometeranse actuacións nas rúas Agriña de Amio, Cima da Eira, a rúa das Barreiras, travesía de Picaños, Agra da Garrida, rúa Viaducto da Roche, rúa do Lindeiro, rúa dos Porróns, rúa da Ponte do Sar e rúa de Betanzos.

As outras oito actuacións forman parte do "Lote 2 que está adxudicado á empresa Galsur por importe de 307.450 euros. Estase actuando nas rúas Bermejo, Suarribas, Eslovenia, Polonia, rúa da Campiña, rúa do Bidueiro, Granxa do Castiñeiriño e rúa de Torrente.

En canto á rexeneración asfáltica da Vía Édison, que comezou onte, conta cun orzamento de 120.000 euros e un prazo previsto de execución dun mes. Lévao a cabo a ampresa Asfagal. Trátase dunha actuación que explicou o concelleiro, "nos viñan demandando desde a asociación de empresarios do polígono do Tambre; así como diferentes empresas que traballan ou están localizadas no polígono". Unha actuación, continuou, "que redundará no beneficio tanto das empresas alí ubicadas como de todo o tránsito que ven da zona de Val do Dubra".

Polo que respecta á rexeneración asfáltica da Avenida de Asturias, contou cun investimento de 517.204 euros, e engadíuselle un carril seguro, "para adaptarse ás novas formas de mobilidade que están a medrar dentro da cidade", segundo subliñou Javier Fernández. A estas 20 actuacións sumanse, segundo recordou o concelleiro, ás máis de 70 realizadas ao longo deste verán en distintos puntos da cidade.

Documentos relacionados



Compartir: