URBANISMO

A Oficina de Rehabilitación despraza un técnico aos barrios de Vite e Pontepedriña para axudar a veciñanza a participar nas distintas convocatorias de subvencións

31/10/2021 Un arquitecto municipal da OCiHR desprazarase unha vez á semana aos centros socioculturais de Vite e de Pontepedriña para axudar a veciñanza destas ARI (Áreas de Rehabilitación Integral) a solicitar axudas á rehabilitación das súas vivendas.

En que consiste o servizo?
O Concello achegará á cidadanía das Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) de Vite e Pontepedriña o servizo de asistencia da Oficina de Rehabilitación co obxecto de axudalos a solicitar as axudas nas oportunidades de financiamento previstas.

Con este obxectivo, un arquitecto municipal visitará os centros socioculturais de Vite e Pontepedriña unha vez á semana para axudar tanto na preparación previa á solicitude de axudas, como no propio proceso de tramitación.

Onde e cando?
CSC DE VITE: martes _8:30 a 12.30 (Rúa de Carlos Maside, núm. 7. Teléfono: 981 54 24 90)
CSC DE PONTEPEDRIÑA: xoves _8:30 a 12.30 (Amor Ruibal, 26 baixo
Teléfono: 9815423022)

O servizo entrará en funcionamente a vindeira semana, a partir do 2 novembro, e será preciso solicitar cita previa no teléfono 981 54 24 37.

Convocatorias
Convocatoria aberta 2021:
— Convocatoria BOP 6/10/2021 acordo 2020 Plan de Vivenda 2018-2021
Convocatorias previstas 2022:
— Convocatoria remanentes acordos Plan Vivenda 213-2016
— Convocatoria acordo 2021 Plan de Vivenda 2018-2021
— Convocatoria Plan Resilencia e Recuperación COVID-19

Tramitación de axudas na OCiHR
Calquera veciño ou veciña dunha Área de Rehabilitación Integral (Casco Histórico, Vite, Vista Alegre e Pontepedriña) ten tamén ao seu dispor o servizo de asistencia para a solicitude de axudas na Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación (Casas Reais, 8-2º andar. Casa Elisa e Ximena. Tel.: 981 54 24 37)

Compartir: