PLENO

Aprobada, nun pleno extraordinario, a conta xeral do concello de Santiago do ano 2020

08/10/2021 O Pleno do concello de Santiago, reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a conta xeral do ano 2020, cos votos a favor do Grupo Socialista e as abstencións do Grupo Popular, Compostela Aberta e BNG.

En concreto, someteuse a consideración a conta xeral do concello de Santiago de Compostela, correspondente ao ano 2020, para a súa aprobación e posterior remisión ao Consello de Contas. Esta conta está integrada pola conta da entidade matriz e as contas do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia, das sociedades mercantís TUSSA, INCOLSA e MercaGalicia, e as contas das Fundacións Públicas Refuxio de Animais e Eugenio Granell.

Tamén se aprobou un expediente de suplemento de crédito por importe de 7.000 euros para a adquisición de motocicletas para a Policía Local; e deuse luz verde, inicialmente, ao expediente de crédito extraordinario por importe de 36.196,76 euros para a reforma e legalización da instalación eléctrica do centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.

Compartir: