DEPORTES

Recepción a unha representación do Club Ximansia Rítmica Compostela, terceiro no Campionato de España de ximnasia acrobática

27/09/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ao equipo de ximnasia acrobática do Club Ximnasia Rítmica Compostela, que acadaron seis medallas en dous campionatos de España; e ao equipo sénior absoluto, o primeiro club de Galicia en competir a nivel absoluto sénior e mixto.

Na recepción tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Alejandro Sánchez-Brunete, portavoz do Grupo Popular; e Jorge Duarte, de Compostela Aberta. En representación do equipo de ximnasia acrobática, terceiros no Campionato de España de Acrobática celebrado en Valencia, estiveron presentes María Sesar e Iván Gutiérrez, medalla de bronce na categoría de parella mixta alevín; Ariadna Grace, Irene Iglesias, Carmela López, e Celia Torres, tamén terceiros en equipos alevín base; e o trío feminino, que tamén acadou a medalla de bronce, formado por Águeda, Ana e Antía.

Tamén acudiu á recepción o conxunto senior mixto de ximnasia acrobática "Wonder Company, formado por Ismael, Amelia, María, Ana e Valeria, que tamén acadaron o terceiro posto no Campionato de España.

Compartir: