ALCALDÍA

Recepción ao presidente de Colombia, Iván Duque

18/09/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o presidente de Colombia, Iván Duque Márquez, de vista oficial na comunidade galega. Duque asinou no Libro de Honra do Concello.

O presidente de Colombia, Iván Duque, visitou oficialmente o Concello de Santiago, onde asinou no Libro de Honra. Recibiuno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo voceiro do grupo municipal socialista, Sindo Guinarte; o concelleiro do PP José Antonio Constenla; e pola voceira de Compostela Aberta, Marta Lois.

Xunto ao mandatario bogotano asistiron Marcos Gómez Martínez, embaixador de España en Colombia; Maria Ximena Lombana Villalba, ministra de Comercio, Industria e Turismo; Angélica María Mayolo Obregón, ministra de Cultura; Francisco Javier Echeverri Lara, viceministro de Relacións Exteriores; Luis Guillermo Plata, embaixador de Colombia en España; e Maria Paula Correa, xefa de Gabinete da Presidencia da República.

Unha vez rematado o encontro no Pazo de Raxoi o presidente colombiano asistiu a unha misa na Catedral, acompañado polo rexedor. Polo tarde visitará a cidade cun paseo guiado.

Compartir: