ACCIÓN CULTURAL
A Semana do Patrimonio Invisible ofrece este ano un total de 50 visitas guiadas, nas que se suman aos espazos mencionados, lugares que colleitaron especial éxito noutras edicións ou dos se que se descubriron singularidades que os fan merecedores de volver estar no programa. É o caso do Colexio de Fonseca, o Hostal dos Reis Católicos, a Fundación Laboral de la Construcción ou os mananciais composteláns.
O número de prazas dispoñibles para participar nas visitas é de 617, o que supón un 92% máis que na pasada edición, con 295 prazas máis que daquela, arredor dun cento para cada espazo visible.
Desde a primeira edición en 2018, liberáronse 22 espazos, entre eles o Pazo de Ramirás ou Colexio dos irlandeses, o Psiquiátrico de Conxo, o Pazo de Amarante, a Capela das Ánimas, a Casa de Europa ou a Casa Gótica.
Para poder reservar praza habilitarase, o día 10 a partir das 17 horas, un formulario a través do sitio web do evento Patrimonio Invisible
50 visitas guiadas na IV Semana do Patrimonio Invisible, que se celebra do 13 ao 17 de setembro
08/09/2021 O Pazo de Raxoi acolleu ás 11.30 horas desta mañá a presentación dunha nova edición da Semana do Patrimonio Invisible de Compostela. No evento estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, o deputado de Cultura da provincia da Coruña, Xurxo Couto, e César Abella, director de Trivium, Estratexias de Cultura e Turismo que coordina o evento.
A IV edición da Semana do Patrimonio Invisible vai ter lugar do 13 ao 17 de setembro e vai contar cunha decena de espazos, dos que seis son novidades absolutas. Así, as persoas que participen nesta nova edición poderán descubrir recunchos descoñecidos de edificios como o Seminario Menor, a Facultade de Xeografía e Historia, o Pazo de Vaamonde, a Tribuna da Catedral, a igrexa e o cemiterio da Orde Terceira e a Zona C, o antigo Concello compostelán situado na praza de Cervantes.A Semana do Patrimonio Invisible ofrece este ano un total de 50 visitas guiadas, nas que se suman aos espazos mencionados, lugares que colleitaron especial éxito noutras edicións ou dos se que se descubriron singularidades que os fan merecedores de volver estar no programa. É o caso do Colexio de Fonseca, o Hostal dos Reis Católicos, a Fundación Laboral de la Construcción ou os mananciais composteláns.