URBANISMO

Emuvissa formula as contas anuais de 2006

28/03/2007 Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse esta mañá no Pazo de Raxoi o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), xuntanza que tivo como principal punto da orde do día a formulación das contas anuais do exercicio 2006.

Ademais de formular as contas anuais de 2006, no Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo presentouse o informe de xestión e a proposta de aplicación do resultado. Todo isto será levado ante o Pleno da Corporación, a Xunta Xeral de Accionistas de Emuvissa, para a súa aprobación.

Así mesmo, autorizouse o outorgamento de poder notarial suficiente ao director-xerente de Emuvissa para a obtención do "certificado electrónico de persoas xurídicas".

Compartir: