MOBILIDADE

Restricións no tráfico por mor da celebración da última etapa de La Vuelta

05/09/2021 Con motivo da celebración da última etapa de La Vuelta a España 2021 entre Padrón e Santiago de Compostela o domingo 5 de setembro, as rúas da cidade polas que transcorrerá a carreira masculina quedarán COMPLETAMENTE PECHADAS AO TRÁFICO entre as 14.00 h e as 21.00 horas.

Son as seguintes:

- AC-543 (Roxos. Rúa de Muros)
- Avda. da Mestra Victoria Míguez
- Estrada de San Lourenzo
- Rúa de San Lourenzo
- Rúa Poza de Bar
- Rúa das Galeras
- Rúa Domingo García-Sabell
- Costa de San Francisco
- Rúa de San Francisco
- Praza do Obradoiro (META)

En todas estas rúas a circulación de vehículos quedará totalmente interrompida entre as horas indicadas. O tránsito peonil poderá realizarse na medida en que o permita o paso dos corredores, excepto na zona vallada (dende a estrada de San Lourenzo ata a praza do Obradoiro), tramo no que non poderá cruzarse a vía das 14.00 h ás 21.00 horas.

Desvíos alternativos
Toda a circulación que proceda da zona Noia-Bertamiráns deberá acceder a través da AG-56 e entrar á cidade pola Rocha ou AP-9 Castiñeiriño/San Lázaro.

As alternativas para os distintos puntos da zona urbana afectados por este percorrido son os seguintes:

Hospital Universitario:
- Os vehículos procedentes da zona de Noia-Bertamiráns deberán entrar por AG-56 ata a saída da Rocha e acceder por Santa Marta ou rúa da Cantaleta.
- A zona norte deberá utilizar a SC-20 para entrar pola avenida de Antón Fraguas e acceder por Santa Marta ou rúa da Cantaleta.

Urbanización de Brandía:
Os movementos de entrada á urbanización deberán ser antes das 14.00 horas, xa que despois será imposible acceder.
O percorrido da carreira transcorre pola parte esquerda da avenida da Mestra Victoria Míguez e da rotonda, posibilitando a saída da urbanización en calquera momento do día pola rúa do Paseo do Esvedro cara á avenida de Xosé Filgueira Valverde.

Vidán:
As rúas da parte alta de Vidán (rúa de Vidán, Pereiro, Souto, Caraveis, Pozo e Bidueiro) poderán utilizar a rúa de Sarela de Abaixo ata o vial de Figueiras e dende aquí salvar o corte.

Zona do rueiro de Figueiriñas:
As rúas da Costa do Cano, Corredoira dos Muíños, Agro das Barreiras, rueiro de Figueiriñas, Toxeira de San Lourenzo e Ribeira de San Lourenzo, terán o acceso garantizado utilizando a rúa das Oblatas, Carme de Abaixo e Casas Novas para poder enlazar coa rúa Galeras e Vista Alegre.

CIRCUÍTO DA CARREIRA FEMININA
As rúas polas que transcorrerá a carreira feminina estarán pechadas á circulación entre as 12.30 h e as 13.30 h, aproximadamente, en función do paso das corredoras.

- N-550
- Vía Edison (polígono do Tambre)
- Vía de la Cierva
- Vía Nobel
- Rúa da Ponte Romaño
- Rúa de Torreira
- Rúa do Avío
- Rúa Vista Alegre
- Rúa das Salvadas
- Rúa do Morón
- Rúa das Galeras
- Rúa de Domingo García Sabell
- Calle de San Francisco
- Avda. de Xoán XXIII (META)

TRANSPORTE URBANO
Os cambios no transporte urbano poden consultarse na web www.tussa.org

RECOMENDACIÓNS
- Pedimos á cidadanía que, na medida do posible, evite empregar o vehículo ao longo do domingo.
- Facemos un chamamento especial aos universitarios que veñan a Santiago o domingo por mor do inicio do curso. Deberán ter en conta as restricións establecidas.
- Lembramos que o percorrido vai estar COMPLETAMENTE PECHADO de 14.00 h a 21.00 horas e, aínda que se estableceron percorridos alternativos, hai determinadas zonas nas que iso non é posible (zona de San Lourenzo, Galeras, García-Sabell) e, polo tanto, os residentes non poderán saír nin entrar co seu vehículo durante ese tempo.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Compartir: