FESTAS

As festas do Apóstolo 2021 arrancan o martes 20 de xullo co pregón a cargo da asociación Cantigas e Agarimos no centenario do seu nacemento

08/07/2021 O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou o avance do programa das Festas do Apóstolo, que arrancan o vindeiro martes 20 de xullo co pregón a cargo de Cantigas e Agarimos, asociación que celebra neste ano 2021 o centenario do seu nacemento. O presidente e o secretario da agrupación folclórica, Manuel Rey e Carlos Salgado, estiveron presentes na rolda.

Do 20 ao 31 de xullo Santiago acollerá unhas Festas do Apóstolo que, de novo, estarán marcadas polas medidas restritivas ditadas pola autoridade sanitaria por mor da pandemia. "Está claro que vai ser un Apóstolo diferente, unha vez máis, pero non por iso imos deixar de celebrar as festas grandes da cidade, que van comezar da mellor maneira posible, co pregón a cargo de Cantigas e Agarimos, que este ano celebra 100 anos de vida. Un século animando as múltiples festas e romarías de Compostela, inculcando o amor pola música e o baile tradicional en centos de composteláns e composteláns. En resumo, unha traxectoria que os fai merecentes de subir o balcón do Pazo de Raxoi o próximo martes 20 de xullo para poder abrir as festas e recibir tamén o cariño da cidade que os viu nacer e medrar", indicou o concelleiro. Tanto Manuel Rey como Carlos Salgado agradeceron ao Concello a oportunidade de celebrar un aniversario "tan especial" dando o pistoletazo de saída ás festa do Apóstolo, co pregón e cunha actuación na praza do Obradoiro ese mesmo día que aunará música e humor.

Despois do pregón "teremos por diante preto de dúas semanas de concertos, monólogos, cine ao aire libre, circo, deporte, espectáculos para os máis pequenos e os xa clásicos cabezudos, Xornadas de folclore, tamén coa participación de Cantigas e Agarimos, torneo da chave, etc", anunciou Muiños, que lembrou que "no que respecta aos concertos, aos escenarios habituais da Quintana e o Obradoiro sumamos o parque de Galeras, a praza de Mazarelos e o Palco de Música da Alameda, co obxectivo de recuperar a función inicial deste singular espazo".

Por estes escenarios, con aforos reducidos por mor da pandemia, pasarán Iván Ferreiro, Luz Casal e a Real Filharmonía, Marlon, A Banda Municipal de Música, Ladilla Rusa ou Terbutalina, entre moitos outros. "Por suposto, desfrutaremos dos fogos do apóstolo o día 24 e tamén o día 31, que presentaremos noutra rolda de prensa con máis detalle".

Puntos lila
Durante as festas habilitarnase dous puntos lila de información e atención sobre violencias machistas: un permanente na praza do Toural do 20 ao 31 en horario de 12 a 14 horas e de 20 h a 1.00 h; e un puntual, que estará no parque de Galeras os días de concerto (do 21 ao 30) de 19 a 23 horas.

O edil fixo fincapé en que "estes puntos, que poñemos en marcha coa concellaría de Igualdade, queren, por un lado sensibilizar e lembrar á cidadanía que nas festas a igualdade e o respecto deben sempre estar garantidos, e doutra, ofrecer información, acompañamento e primeira atención a calquera muller que poida vivir un episodio de violencia machista durante as festas".

Información sobre retirada de convites
Todas as actividades son de balde, agás o concerto do día 21 de xullo (Luz Casal & RFG) e os convites poderán retirase en apostolo2021.ataquilla.com(desde o día 12 de xullo para os espectáculos dos días 20 ao 25 de xullo e desde o día 16 de xullo para os espectáculos dos días 26 ao 31 de xullo). Reservarase unha portecentaxe (sobre o 25%) para a súa recollida no despacho de billetes do Teatro Principal do 12 ao 31 de xullo en horario de 17 h a 21 h. Os convites para "Cinema no parque" retíranse en cinemanoparque.gal a partir do 12 de xullo de 2021. Os convites para os concertos da BMMS do xoves 29 e sábado 31 de xullo, retíranse unicamente na billeteira do Teatro Principal.

Cada persoa poderá retirar dous convites, excepto para as actividades infantís da alameda e cinema no parque, que serán tres.

Para todas as actividades é preciso acudir cunha antelación de 30 minutos e é obrigatorio o uso de máscara.

PROGRAMA
20 martes
21.30 h
Pregón
Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
Praza do Obradoiro

22 h
Monólogos "Sen Restricións"
Ledicia Sola
Carmen Méndez
Marta Doviro

21 mércores
21 h
Concerto: Astrogirl
Parque de Galeras

21.30 h
Concerto Luz Casal & Real Filharmonía
Entradas: enterticket.es
Praza do Obradoiro

22 xoves
10.30 h – 12.30 h
Alboradas a cargo de Devagarinho e Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos

20 h
Concerto: Laura Lamontagne & Pico Amperio
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: todos os públicos
Palco da música. Alameda

XLIII Torneo de chave Festas do Apóstolo
20.30 h Torneo masculino
Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana

21 h
Xornadas de Folclore Galego
Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
Agrupación Folclórica Colexiata de Sar
Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira
Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
Praza do Obradoiro

21 h
Concerto: dani
Parque de Galeras

22 h
Concerto: Rodrigo Cuevas
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Tato López
Praza de Mazarelos

23 venres
10.30 h – 12.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Muiñeiros do Sarela e Asociación Cultural Pana Raiada

18 h
Circo: Vol e Temps "Distans"
Duración: 55 minutos
Idade recomendada: + 4 anos
Parque da Alameda

XLIII Torneo de chave Festas do Apóstolo
19.30 h Torneo feminino
20.30 h Torneo masculino
Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana

20 h
Teatro: Los Anisakis "Porco"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: público adulto
Palco da Música. Alameda

21 h
Concerto: Sabela King & The heartbreakers
Parque de Galeras

22 h
Concerto: "Stage40 con Marlon"
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Pablo Sanmamed Trío
Praza de Mazarelos

23 h
Dron Festival Gaelic GP Series 2021
Campo Municipal de Fútbol do Sergas.

PROGRAMACIÓN GAELIC GP SERIES SANTIAGO DE COMPOSTELA
Acceso de público desde as 10.30 h
Hora de peche para o público 23.45 h
Entrada libre e de balde ata completar capacidade
Horarios:
-10.30 h - 14 h Adestramentos libres
As persoas que o desexen poderán experimentar a sensación de pilotar un dron de carreiras coas lentes Fpv proporcionadas na carpa de dirección.
-16 h a-18.30 h Adestramentos libres
-As persoas que o desexen poderán experimentar a sensación de pilotar un dron de carreiras coas lentes Fpv proporcionadas na carpa de dirección.
-18.40 h - 21 h Primeira fase de clasificación
(haberá 5 roldas e clasifícanse os 8 pilotos con máis puntos)
-21.10 h - 22 h Segunda fase de clasificación
(haberá 3 roldas e clasifícanse os 6 pilotos con máis puntos)
-22.20 h - 22.50 h Semifinais
(haberá 2 roldas e clasifícanse os 4 pilotos con máis puntos)
-23.10 h Gran final

24 sábado
10.30 h – 12.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Muiñeiros do Sarela e Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos.

12 h
Comparsa de cabezudos
Praza da Quintana
Entrada libre ata completar a capacidade da praza.

XLIII Torneo de chave Festas do Apóstolo
16.30 h Eliminatorias torneo masculino
19.30 h Gran final torneo feminino
20 h Gran final torneo masculino
Alameda. A carón da Escola Infantil de Santa Susana

18 h
Teatro: Teatro Ghazafelhos "As pitas baixo a choiva"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 3 anos
Parque da Alameda

20 h
Concerto: Secho "Recuperar"
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: todos os públicos
Palco da música. Alameda

21 h
Concerto: Combo Paradiso
Parque de Galeras

22 h
Concerto: Milladoiro
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Teresa Ferreiro
Praza de Mazarelos

23.30 h
Espectáculo pirotécnico
Alameda
Parque Eugenio Granell
Cidade da Cultura
As Cancelas
Parque de Carlomagno

25 domingo DÍA DO APÓSTOLO
Ofrenda ao Apóstolo

10.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural O Castro de Figueiras

11 h
Comparsa de cabezudos
Praza das Praterías
Entrada libre ata completar a capacidade da praza.

18 h
Teatro: Teatro ó Cubo "Ghop!"
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: + 5 anos
Parque da Alameda

21 h
Concerto: Chicharrón
Parque de Galeras

21 h
Concerto: BMMS & PELEPAU "Na Beira"
Casiano Mouriño Maquieira: director
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Son Trío
Praza de Mazarelos

26 luns
10.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Brañas de Andrés

18 h
Circo: Natalia Outeiro ‘Pajarito’ "Isolada"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 7 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque: Bruxerías
Xénero: animación (2012)
Idioma: galego. 80 min
Todos os públicos Especialmente recomendada para a infancia
Parque Eugenio Granell

21h
Concerto: Momboi
Parque de Galeras

22 h
Cinema no parque: Nación
Xénero: documental (2021)
Idioma: galego. 92 min
Non recomendada para menores de doce anos. Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
Parque Eugenio Granell

22 h
Concerto: Ladilla Rusa
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Valentín Caamaño Quartet
Praza de Mazarelos

27 martes
10.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Pana Raiada

DIA DO TRAXE GALEGO
11.30 h Concentración de participantes en dous puntos: Alameda e praza de Cervantes
Percorrido por distintas rúas da Cidade Histórica ata a Igrexa de San Paio de Antealtares.
13.00 h Misa en San Paio de Antealtares
14.15 h Recepción no Concello
16 h Concentración de participantes no certame de traxes en San Domingos de Bonaval
19.30 h Desfile de traxes tradicionais dende Bonaval ata a Praza da Quintana
20 h Exhibición, concurso de traxes e entrega de diplomas na Praza da Quintana

18 h
Teatro: Mirari Urruzola "Feira das sementes"
Duración: 45 minutos
Idade recomendada: + 4 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque: Volando juntos
Xénero: ficción (2019)
Idioma: castelán. 113 min
Todos os públicos. Especialmente recomendada para a infancia
Parque Eugenio Granell

21 h
Concerto: Néboa
Parque de Galeras

22 h
Cinema no parque: Dorothè na vila
Xénero: documental (2020)
Idioma: galego. 85 min
Todos os públicos
Parque Eugenio Granell

22 h
Monólogo: Eva Soriano
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Rubens Consort
Praza de Mazarelos

28 mércores
10.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Muiñeiros do Sarela

13 h
Bandas municipais de música de Padrón e Santiago
Día de Padrón en Santiago
Casiano Mouriño Maquieira, director
Praza do Obradoiro

18 h
Circo: Aimar & Cia "Etxea"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 5 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque: Abominable
Xénero: animación (2019)
Idioma: castelán. 97 min
Todos os públicos. Especialmente recomendada para a infancia.
Parque Eugenio Granell

19 h
Fútbol: V MEMORIAL ANTONIO BERMÚDEZ
Partido: CD Lugo - SD Compostela
Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro
Organiza: SD Compostela

21h
Concerto: Xoán Curiel "Treides Comigo!"
Parque de Galeras

22 h
Cinema no parque: Ons
Xénero: ficción (2020)
Idioma: galego. 86 min
Non recomendada para menores de doce anos
Parque Eugenio Granell

22 h
Concerto: Boyanka Kostova. Verto
Praza da Quintana

22.30 h
Recital: AldaoLado
Praza de Mazarelos

29 xoves
10.30 h – 12.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Armadanzas de Laraño e Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos

18 h
Circo: Jean Philipe Kikolas "Sin remite"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 4 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque: El malvado zorro feroz
Xénero: animación (2017)
Idioma: castelán. 79 min
Todos os públicos
Parque Eugenio Granell

19.30 h
Concerto: BMMS "Unha tarde con Emilio Rúa"
Emilio Rúa, cantautor
Casiano Mouriño Maquieira, director
Praza das Praterías

20 h
Concerto: Javier Otero Neira "Reconstrución"
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: todos os públicos
Palco da música. Alameda

21 h
Concerto: Paloma
Parque de Galeras

21.30 h
Concerto: Real Filharmonía de Galicia CONCERTO 25º ANIVERSARIO (GALA LÍRICA)
Paul Daniel, director
Pene Pati, tenor
Amina Edris, soprano
Praza da Quintana

22 h
Cinema no parque: Lúa Vermella
Xénero: ficción (2020)
Idioma: galego. 84 min
Non recomendada para menores de sete anos
Parque Eugenio Granell

22.30 h
Concerto: Terbutalina
Praza de Mazarelos

30 venres
10.30 h – 12.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Gentalha do Pichel e Devagarinho

18 h
Familiar: Assircópatas "Abracadaver"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 4 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque
Curtas de animación:
O soldadiño de chumbo
Xénero: animación (2008)
Idioma: galego. 12 min
Todos os públicos
O Xigante
Xénero: animación (2012)
Idioma: galego. 10 min
Todos os públicos
A flor máis grande do mundo
Xénero: animación (2007)
Idioma: portugués. 10 min
Todos os públicos
A nena que tiña unha soa orella
Xénero: animación (2009)
Idioma: galego. 14 min
Todos os públicos
Parque Eugenio Granell

20 h
Música e poesía: Manuel Rivas + Nacho López + Tanja Haupt "100 mil estorniños"
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: todos os públicos
Palco da música. Alameda

21 h
Concerto: Espiño
Parque de Galeras

22 h
Cinema no parque: A poeta analfabeta
Xénero: documental
Idioma: galego
Duración: 71 min
Ano de produción: 2020
Todos os públicos
Parque Eugenio Granell

22 h
Concerto: Iván Ferreiro
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Monoulious DOP dúo
Praza de Mazarelos

31 sábado
10.30 h – 12.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Os Valentes de Conxo e Enxebres de San Lázaro

Trad Fest
Parque de Bonaval
11.30 h Antonio Prado e Miguel Vázquez
12 h Mozart á galega (Igrexa)
12.30 h TOR
13.15 h Os da Porfía
13.30 h Grupo 1500 (Igrexa)
14 h Xico de Carinho e Cuchús Pimentel
16.30 h Mulleres de Gharghamala!
17 h Najla Shami
17.30 h Tobie Miller (Igrexa)
18 h Caamaño & Ameixeiras
19 h Caldo
19.15 h Marcos Coll (Igrexa)
20 h Cuarteto Caramuxo
Todo o día: Feira de artesanía
Ruadas pola cidade
Cuarteto Seimeira
Protois
Low Bay Hot Band

18 h
Concerto: Mamá Cabra & BellónMaceiras "A música das buguinas"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 6 anos
Parque da Alameda

20 h
Concerto: BMMS & Brincadeira "Bailan as picheleiras"
Montserrat Rivera, profesora baile
Felisa Segade, profesora canto
Alejandro Sanjiao, profesor gaita
Casiano Mouriño Maquieira, director
Praza das Praterías

20 h
Danza: Paula Quintas "Analepsis"
Duración: 20 minutos
Idade recomendada: todos os públicos
Palco da Música. Alameda

20.45 h
Danza: Paula Quintas "Analepsis"
Duración: 20 minutos
Idade recomendada: todos os públicos
Palco da Música. Alameda

21 h
Concerto: The All Night Workers
Parque de Galeras

21.30 h
Trad Fest
Concerto: Foliada ao vivo
Banda das Crechas
Felisa Segade
Os da Porfía
Marcos Coll
Caamaño & Ameixeiras
Sheila Patricia
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Peña
Praza de Mazarelos

23.30
Pirotecnia fin de festa
Cidade da Cultura

(NOTA: o luns 12 poderá consultarse o programa definitivo).

Compartir: