FACENDA
• As taxas por servizos urbanísticos e imposto de construcións, instalacións e obras
• A taxa de expedición de documentos administrativos
• A taxa pola ocupación da vía pública con valos, estadas, contedores, etc.
Marta Abal recorda que dende principios de ano xa é posible autoliquidar a través da citada Sede Electrónica do Concello de Santiago o imposto de plusvalías e o imposto de vehículos de tracción mecánica.
Está previsto que, ao longo do ano, o Concello de Santiago vaia estendendo progresivamente a posibilidade de autoliquidar os diferentes ingresos públicos a través da súa Sede Electrónica.
Este proceso facilitará que a cidadanía que o desexe poida autoliquidar e pagar os impostos, taxas e prezos públicos dende o lugar onde se atopen, sen ter que acudir a ningunha dependencia municipal.
Desde hoxe pódense autoliquidar varias taxas a través da Sede Electrónica do Concello de Santiago
06/07/2021 A partir de hoxe, 6 de xullo, aquelas persoas interesadas que o precisen, poderán autoliquidar distintos tipos de ingresos a través da Sede Electrónica do concello de Santiago, no marco do proceso de dixitalización que está levando a cabo o departamento de Modernización da Administración Local, dirixido por Marta Abal
En concreto, poderanse autoliquidar os seguintes tipos de ingresos:• As taxas por servizos urbanísticos e imposto de construcións, instalacións e obras