XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o contrato do servizo de mantemento e conservación do parque de Salgueiriños, reservado a centros especiais de emprego

05/07/2021 A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe, por tres anos, o contrato de "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do parque de Salgueiriños do Concello de Santiago de Compostela, reservado a centros especiais de emprego", a favor da empresa Coregal Parques e Xardíns, por un importe de 370.260 euros.

Foi a única oferta presentada e cumpre os requirimentos dos pregos de aplicación. A maiores, comprométese a subministrar 3.500 unidades de iris en maceta e 5.000 unidades de bulbo de inverno, 4.000 unidades de "impatiems" e 7.500 unidades de prímulas.

Por outra banda, o executivo local deu luz verde ao expediente denominado "Execución das obras do proxecto técnico de renovación da sala de caldeiras existente no Pazo de Raxoi". Acordou abrir o procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 137.704,16 euros.

Tamén aceptou a subvención concedida por importe AGADER, de 54.024 euros, ao abeiro do "Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022", que se destinarán ao proxecto "Acondicionamento de camiño agrícola en Requesende (Sabugueira).

Fibra óptica
A Xunta de Goberno local acordou conceder a Orange España Comunicaciones fijas, SL. licenza para realizar a fase 10 do "Plan de despregue da rede FTTH Orange/Jazztel, na cidade histórica de Santiago, segundo proxecto, que conta cun orzamento de execución material de 26.543,86 euros. Esta décima fase contempla o tendido da rede no ámbito que se describe a continuación:

Quinteiro da Rúa de San Pedro, Cruz de San Pedro, Ruela das Chufas e Campo do Forno.

Quinteiro da Ruela das Chufas, Rúa Lagartos, Calzada de Sto. Antonio e Campo do Forno.

Quinteiro da Calzada de Santo Antonio, Rúa da Trisca e Campo de Sto. Antonio.

Quinteiro da Fonte de Santo Antonio, Concepción Arenal, García Blanco e Patio de Madres

Quinteiro da Praza das Penas, Rúa de San Roque e Rúa do Hospitaliño

Rúa dos Lagartos (núm. 1 a 25)

Rúa da Trisca (núm. 1 a 14)

Rúa Corredoira das Fraguas (núm. 66 - 84)

Documentos relacionados



Compartir: