BENESTAR SOCIAL

O servizo de axuda no fogar esténdese a domingos e festivos

26/03/2007 O Concello de Santiago decidiu facer unha forte aposta polo servizo de axuda no fogar neste ano 2007. Nesta liña está a ampliación deste servizo, que está tendo unha importante acollida, aos domingos e festivos.

Con esta fin, aprobouse o inicio do expediente de contratación para a explotación deste servizo. Establécese un tipo de licitación de 12,85 euros/hora, para os servizos prestados en xornada laboral de luns a sábado, e de 13,95 euros/hora, para os servizos prestados en domingo e días festivos.

A extensión deste servizo implicará, entre outros aspectos, a dedicación a tempo completo da coordinadora do mesmo. O Concello destina neste ano 2007 máis de 400.000 euros a este servizo, especialmente enfocado cara á terceira idade, que ofrece axuda para a realización das tarefas domésticas a aquelas persoas con dificultades para levalas a cabo.

Convenio coa Asociación Síndrome de Down

Tamén no ámbito de Benestar Social, aprobouse a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Síndrome de Down Compostela. Achegarase unha contía de 3.005 euros, cos que se prolonga a cooperación existente con esta entidade social.

Compartir: