ALCALDÍA

O alcalde finalizou a sua visita a Arxentina e Uruguai

25/03/2007 Varias reunións con distintos colectivos de emigrantes de Uruguai puxeron fin á visita que o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo a este país e a Arxentina.

O alcalde comezou a súa última xornada en terras uruguayas cunha reunión coa directiva da Unión de Sociedades Gallegas. A continuación foi o turno da xuntanza cos membros da Fundación Españoles en el Mundo. A ronda de contactos completouse cos mantidos coa directiva do Centro Galego de Montevideo (o centro galego máis antigo do mundo, fundado en 1879) e con arredor de 150 santiagueses residentes en Montevideo e os seus descendentes.

A estancia de Sánchez Bugallo en Uruguai finalizou coa asistencia ao concerto que a gaiteira galega Susana Seivane ofreceu no centro recreativo do Centro Galego de Montevideo.

Compartir: