ALCALDÍA

O intendente de Canelones (Uruguai) interésase polas políticas de rehabilitación de Santiago

22/03/2007 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ao municipio uruguaio de Canelones, para departir co seu intendente, Marcos Carámbula. Bugallo e Carámbula falaron sobre as diferenzas de xestión que hai entre a capital galega e do que é o segundo departamento máis grande de Uruguai, despois de Montevideo, en número de habitantes e en extensión, no que predomina o cultivo agrícola como fonte de ingresos. Os fundadores deste concello, no que viven arredor de 500.000 persoas, foron os canarios, e aínda que logo foi poboado por xente provinte doutros países, os habitantes actuais son coñecidos como a "comuna canaria".

O intendente amosouse moi interesado polas políticas de rehabilitación que se están a levar a cabo en Santiago de Compostela, e na posibilidade dunha futura colaboración entre ambas cidades a través do ICI (Instituto de Cooperación Iberoamericana), así como na formación de canarios especialistas en patrimonio e urbanismo en Compostela.

Compartir: