EDUCACIÓN

Os máis pequenos celebran a festa dos Maios

21/05/2021 A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago de Compostela formada pola E.I.M. de Conxo, a E.I.M das Fontiñas e a E.I.M de Meixonfrío- Salgueiriños está dedicando esta semana do 18 ao 21 de maio a celebrar a festa das Letras Galegas e a festa dos Maios, tal e como se prevé no seu proxecto educativo.

Poucos son os lugares que dende tempos inmemoriais non festexan o cíclico renacer anual dos vexetais, así como a chegada do bo tempo ou o fin do inverno. Galicia non foi nin é allea a estas festas, que se repiten todos os anos polas mesmas datas: das moitas manifestacións que se facían estes días aínda chegou ata nós a máis fermosa de todas, que ten como protagonistas aos nenos e nenas e ás flores.

No caso da E.I.M. de Conxo, un gaiteiro amenizou as actividades interpretando cancións tradicionais, animando aos nenos e nenas a bailar ao son da música.

Para celebrar a festa dos maios contouse coa participación das familias que achegaron as flores para poder realizar o maio e a alfombra floral.

Compartir: