MOBILIDADE

O sábado 22 entra en funcionamento a nova estación de autobuses de Santiago de Compostela

20/05/2021 O próximo sábado 22 de maio comeza a funcionar a nova estación de autobuses de Santiago de Compostela, xestionada polo Concello de Santiago a través de Tussa. O novo equipamento está situado na remodelada rúa de Clara Campoamor.

A conexión co centro urbano e coa estación de tren realízase a través da pasarela transversal elevada, que conecta os edificios e facilita a circulación dos pasaxeiros, e que tamén se abrirá o vindeiro sábado 22.

O edificio organízase en dúas plantas superpostas: na inferior sitúanse a área de dársenas e os viarios de circulación e manobra de vehículos; na superior, o edificio acolle os servizos necesarios para atender os viaxeiros.

A estación conta con 2.795,76m2 de superficie útil e 8.870,81m2 de superficie construída cunha ocupación de 5.334,94m2.
Ten un total de 25 dársenas, distribuídas en 19 para transporte interurbano e 6 para o transporte metropolitano, para acoller as expedicións de 221 chegadas e 224 saídas, de luns a venres laborables, das distintas empresas operadoras de transporte.
Na planta principal a estación conta con vestíbulo, área de venda de billetes, servizo de información, consignas e, proximamente, servizo de cafetería e cun quiosco.

Transporte urbano
No referente ao transporte urbano, para facilitar a conexión das estacións de autobuses e de tren co resto da cidade, así como para facilitar os movementos aos Campus, a partir do día da inauguración da estación (22 de maio), pararán na rúa do Hórreo e/ou na rúa de Santiago León de Caracas as seguintes liñas:

• Liña 6. Aeroporto / Os Tilos.
- Saídas de Os Tilos con destino Aeroporto: Os Tilos – Castiñeiriño – Paxonal – Hórreo (estación de autobuses / ferrocarril) – Virxe da Cerca – San Roque – San Lázaro – San Marcos – Lavacolla – Aeroporto.
- Saídas do Aeroporto con destino Os Tilos: Aeroporto – Lavacolla – San Marcos – San Lázaro – San Roque – Virxe da Cerca – pza. Galicia – Santiago León de Caracas (estación de autobuses / ferrocarril) – Paxonal – Castiñeiriño – Os Tilos.

• Liña 12. Os Tilos / Hospitais.
- Saídas de Os Tilos con destino ao hospital Provincial: Os Tilos – Castiñeiriño – Paxonal – Hórreo (estación de autobuses / ferrocarril) – Senra – Rosalía de Castro – hospital Clínico – hospital Provincial.
- Saídas do hospital Provincial con destino Os Tilos: hospital Provincial – avda. Ferrol – Rosalía de Castro – Senra – pza. Galicia – Santiago León de Caracas (estación de autobuses / ferrocarril) – Paxonal – Castiñeiriño – Os Tilos.

• Liña 15. Campus Norte / Campus Sur.
-Saídas do Campus Norte con destino ao Campus Sur: avda. Castelao – Burgo das Nacións – Virxe da Cerca – pza. Galicia – rúa da Rosa - Santiago León de Caracas (estación de autobuses / ferrocarril) – Santiago de Chile – Campus Sur.
-Saídas do Campus Sur con destino ao Campus Norte: Campus Sur – República Arxentina – Xeneral Pardiñas, esq. Ponte Castro (parada máis próxima ás estacións) – pza. Galicia – Virxe da Cerca – Burgo das Nacións – avda. Castelao.

• Liña C2. San Caetano / Fontiñas / Hospitais / Vite.
Pza. Camilo Díaz Baliño – Fontiñas – avda. Lugo - Hórreo (estación de autobuses / ferrocarril) – Conxo – hospital Provincial – hospital Clínico – Rosalía de Castro – Galeras – Vite – pza. Camilo Díaz Baliño.

• Liña C4. San Caetano / Vite / Hospitais / Fontiñas.
Pza. Camilo Díaz Baliño – Vite – Galeras – Rosalía de Castro – hospital Clínico – hospital Provincial – Conxo – República Arxentina – rúa da Rosa – Santiago León de Caracas – Hórreo (estación de autobuses / ferrocarril) – avda. Lugo – Fontiñas – pza. Camilo Díaz Baliño.

• Liña C5. Pol. Costa Vella / Amio / Fontiñas / pza. Galicia / Paxonal.
Polígono de Costa Vella – Amio – San Lázaro – Fontiñas – Virxe da Cerca – pza. Galicia – Santiago León de Caracas (estación de autobuses / ferrocarril) – Paxonal – rúa da Estrada – Picaños – multiusos – Fontiñas – San Lázaro – Amio – polígono de Costa Vella.

• Liña C6. Pol. Costa Vella / Amio / Fontiñas / Paxonal / Hórreo.
Polígono de Costa Vella – Amio – San Lázaro – Fontiñas – multiusos – Picaños – rúa da Estrada – Paxonal – Hórreo (estación de autobuses / ferrocarril) – Virxe da Cerca – Fontiñas – San Lázaro – Amio – polígono de Costa Vella.

• Liña P3. Valle Inclán / Santa Lucía / Susana.
-Saídas da rúa Valle Inclán con destino Susana: Valle Inclán – Virxe da Cerca – pza. Galicia - Santiago León de Caracas (estación de autobuses / ferrocarril) – Paxonal – Santa Lucía – Susana.
-Saídas da Susana con destino á rúa Valle Inclán: Susana – Santa Lucía – Paxonal - Hórreo (estación de autobuses / ferrocarril) – Virxe da Cerca – Valle Inclán.

Resumo de liñas por parada
- Parada 591 Santiago León de Caracas:
Liña 6. Aeroporto / Os Tilos.
Liña 12. Os Tilos / Hospitais.
Liña 15. Campus Norte / Campus Sur.
Liña C4. San Caetano / Vite / Hospitais / Fontiñas.
Liña C5. Pol. Costa Vella / Amio / Fontiñas / pza. Galicia / Paxonal
Liña P3. Valle Inclán / Santa Lucía / Susana.

- Parada 691 Hórreo-estación:
Liña 6. Aeroporto / Os Tilos.
Liña 12. Os Tilos / Hospitais.
Liña C4. San Caetano / Vite / Hospitais / Fontiñas.
Liña C6. Pol. Costa Vella / Amio / Fontiñas / Paxonal / Hórreo.
Liña P3. Valle Inclán / Santa Lucía / Susana.

- Parada 694 Hórreo-Santiago León de Caracas:
Liña C2. San Caetano / Fontiñas / Hospitais / Vite.

Servizo de ORA
Co translado da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA (TUSSA) á nova estación, as oficinas do servizo da ORA quedarán instaladas na planta principal da estación, a partir do 22 de maio, co seguinte horario de atención ao público: de luns a venres laborables, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas

Compartir: