TURISMO

O Pazo de Congresos acolle esta fin de semana a VIII edición da Feira de Antigüidades

19/05/2021 A concelleira Mercedes Rosón e os responsables da organización do evento, Ángel Moix e Marycruz Madrid, deron conta en rolda de prensa dos detalles desta edición, que volve a Santiago, tras un ano de parón, do venres 21 ao domingo 23.

Quen se achegue esta fin de semana ao Pazo de Congresos poderá disfrutar dun amplo abano de obxectos, desde os máis pequenos como xoias ou xoguetes ata os de maior evergadura, como os mobles. Segundo indicaron os organizadores haberá miles de pezas para todos os públicos e todos os bolsillos.

En total serán 40 expositores chegados de distintas partes de España, que se poderán visitar o venres de 17 h a 21 h, e o sábado e o domingo en horario de 11 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21h.

Mercedes Rosón invitou a composteláns e visitantes a non deixar pasar esta oportunidade e agradeceu aos organizadores que tiveran pensado en Santiago para celebrar esta oitava edición da Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, que volve tralo parón imposto pola pandemia.

A feira contará con todas as medidas de seguridade ditadas pola autoridade competente: haberá control de accesos, de aforo, e de temperatura aos asistentes, e garantirase o cumprimento das distancias indicadas en todo momento.

Compartir: