AUDITORIO

A Orquestra Filharmónica Frankfurt-Oder ofrece no Auditorio de Galicia un concerto dedicado á música do Romanticismo

21/03/2007 A Orquestra Filharmónica de Frankfurt-Oder, acompañada da violinista Katrin Scholz e baixo a dirección de Michael Sanderling ofrecerá un concerto no Auditorio de Galicia dentro da xira que realizan por España.

O programa que poderán escoltar os asistentes está formado por dúas obras: "Fantasía escocesa para violín, arpa e orquestra", de M. Bruch, e a "Sinfonía núm. 4 en Mi bemol maior Romántica de A. Bruckner.

A Orquestra Filharmónica de Frankfurt-Oder foi fundada en 1971 e destacou rapidamente pola súa gran calidade de son. Actualmente constitúe a principal orquestra sinfónica de Brandenburgo e actúa con frecuencia en importantes salas de concerto alemás, entre elas a Filharmonía de Berlín.

Realizou xiras por diversos países do mendo e dende 1993 publicou 26 CDs. En 1994 a orquestra foi galardoada cos prestixiosos premios "Diapasón d’Or", pola súa interpretación de obras de Boris Blacher, e "Choque musique", polo seu CD Franz Schreker in Berlin. En outubro de 1997 a orquestra actuou con Mtislav Rostropovich en Oviedo e Xixón con motivo da entrega dos Premios Príncipe de Asturias.

O director Michael Sanderling está considerado coma un dos máis talentosos e prometedores da súa xeración e moi eloxiado pola prensa e polas orquestras. É director principal da Orquestra de Cámara de Berlín, da Orquestra Filharmónica de Cordas Alemá e director principal e artístico da Academia de Cámara de Potsdam. Dirixiu algunhas das máis importantes orquestra e compaxina a súa actividade como director cunha cátedra de profesor de violoncello na Escola Superior de Música en Frankfurt-Main.

Compartir: