PROMOCIÓN ECONÓMICA

Visita ao coworking da Cámara de Comercio de Santiago

12/05/2021 Na xornada de hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente provincial, Valentín González Formoso, visitaron o centro de coworking que a Cámara de Comercio de Santiago habilitou nas instalacións da entidade, no polígono de Costa Vella, e que vén de ser premiado de novo por Funcas e a Universidade Rey Juan Carlos como o mellor de España para a creación de empresas.

Foron recibidos polo presidente da Cámara, José Carballo, e o vicepresidente, Jorge Lorenzo, que explicaron a intensa actividade que realizan desde a Cámara, que aglutina a numerosas empresas na áreas de Compostela e Barbanza, ás que inxecta fondos europeos que permiten levar a cabo políticas importantes como pode ser a dixitalización.

O presidente da Cámara presentou o proxecto de espazo de traballo colaborativo dixital para estudar a posibilidade de traballar xuntos fomentando sinerxías que melloren o tecido empresarial, dean oportunidades a emprendedores e faciliten a súa dixitalización.

Compartir: