ACCION CULTURAL

A Xunta de Goberno Local aproba as bases das axudas de apoio a actividades culturais, ás que se destinan 555.000 euros

11/05/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as "Bases da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021", que teñen como obxectivo o fomento das actividades organizadas polas persoas e entidades adicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano pasado. O orzamento destinado a estas subvencións é de 554.992,90 euros.

A contía máxima por solicitude é de 35.000 euros e en ningún caso excederá do 80% do orzamento da actividade (excluído o IVE).
As actividades subvencionables son todas aquelas:
a. que teñan carácter cultural,
b. que se executen dentro do termo municipal de Santiago de Compostela
c. que sexan abertas ao público, que beneficien colectividades xenéricas de persoas e non estean destinadas exclusivamente a persoas socias, partícipes ou clientes da solicitante.

Non serán subvencionables as actividades gastronómicas nin os cursos formativos. As actividades subvencionadas deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 24 de outubro de 2021.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña. Presentaranse no rexistro do Concello de Santiago de Compostela ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Compartir: