MEDIO RURAL

Visita ás obras, recentemente finalizadas, do CSC da Gracia, nas que se mellorou a accesibilidade e se acondicionou o entorno cunha área de xogos e un circuito biosaudable

09/05/2021 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; acompañado do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel; visitou as obras recentemente rematadas, de "Acondicionamento do entorno do centro sociocultural da Gracia, mellora de accesibilidade no propio centro e creación dunha área de xogos e circuíto biosaudable nas inmediacións deste", ás que se destinaron 240.693,68 euros.

Esta actuación enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellería de Medio Rural, en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña. Segundo explico o alcalde, estas obras "son un paso máis nas actuacións que se fan no rural de Santiago, e en concreto nesta parroquia da Gracia. No seu día fíxose o centro sociocultural, un centro moi amplo, dunhas grandes posibilidades", e agora, continuou, "había unha demanda da veciñanza que era completar todo o entorno do centro e da propia parroquia, colindantes o un co outro".

Despois das obras quedou "unha praza estupendamente acondicionada que se servirá para as festas, para estar a veciñanza, un parque biosaludable e un parque infantil". "Configúrase", engadiu Sánchez Bugallo, unha área moi bonita no medio da parroquia. Pola súa banda, Rosa Otero, vicepresidenta da Asociación de Veciños da Gracia, sinalou que e"estas actuacións "danlle moito valor" a unha zona que é, sinalou, "punto de encontro" da veciñanza, "polo que é un orgullo para eles que se mellorara".

Con estas obras, que tiveron un prazo de execución de tres meses, afrontouse tanto a urbanización exterior, como a reforma interior do Centro Sociocultural da Gracia, para facelo máis accesible. En concreto, reformouse e humanizouse o campo da festa, mellorando a súa pavimentación con formigón coloreado e lastros de granito, con alumeado e axardinamento, e dotándoo de bancos e dunha fonte bebedeiro. A maiores, rehabilitouse o cruceiro existente, trasladándoo á súa posición orixinal; e substituiuse o pavimento de asfalto do vial que separa a igrexa e a pista polideportiva do centro sociocultural por lastros de granito que xeran unha sensación de continuidade entre estes espazos.

Outras dúas actuacións que se levaron a cabo foron o traslado da área de xogos infantís, afectada por unha liña eléctrica aérea de media tensión, a zona sur da edificación, e a rehabilitación do seu equipamento conforme á normativa vixente. Tamén se instalouse un circuito biosaudáble na zona leste do edificio.
En canto ao interior da edificación, instaláronse tres salvaescaleiras entre cada unha das tres plantas do centro sociocultural e os aseos do soto e do primeiro andar adaptáronse á actual normativa de accesibilidade. Tamén se creou un espazo para almacén no soto.

Na visita tamén estaban presentes o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Gonzalo Muiños; Ana Belén Sabel Iglesias, edil do PP; Goretti Sanmartín, portavoz do BNG local; Rafa Peña, ex concelleiro de Compostela Aberta; Cruz Vázquez, presidenta de Ferusa; e o presidente da AV da Gracia, Jesús Chenel.

Compartir: