COMERCIO

As solicitudes das axudas ao sector comercial poden solicitarse dende mañá sábado 8 de maio

07/05/2021 As axudas ao sector comercial incluídas no PRESS (Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago) poden solicitarse dende as 9.00 horas de mañá, sábado 8 de maio. O prazo para a presentación rematará o 24 de maio.

A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector do comercio para que poidan afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola COVID-19.

As "Bases e convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da covid-19. Anualidade 2021". contan cun orzamento de e 1.904.000 euros. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes que figuran no anexo II da convocatoria; que teñan a súa sede de actividade no Concello de Santiago de Compostela; que en 2020 sufriran unha baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto ao 2019; e que non se atopasen en crise a data 31 de decembro de 2019.

O importe das axudas será de 2.500 euros para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 20% e o 30%; de 3.000 euros para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 30% e ata un 60%; e de 3.500 euros para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60%. 5.2. A dita cantidade incrementarase ata 2.000 euros en función do número de persoas traballadoras que teñan no momento da publicación desta convocatoria no BOP, segundo a seguinte escala: 500 euros se teñen 1 persoa traballadora, 1.000 euros se teñen de 2 a 4 persoas traballadoras, 1.500 euros se teñen de 5 a 9 persoas traballadoras, 2.000 euros se teñen máis de 10 persoas traballadoras.

Direcciones relacionadas



Compartir: