EDUCACIÓN

OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS

04/05/2021 Os obradoiros teñen como obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal nos períodos extraescolares. Así as escolas infantís municipais convértense nun lugar de encontro para nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria cunha proposta diferente e lúdica, rompendo coa rutina do curso escolar e ofertando unha serie de actividades ós máis pequenos/as que permitan ás súas familias seguir cumprindo cos compromisos laborais.

Destinatarios

Nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou sen estar empadroados cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos (2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º curso de educación primaria).

Datas de realización

Os obradoiros desenvolveranse durante o curso escolar 2024-2025, de acordo co calendario escolar da Xunta de Galicia, que propón que:

• Obradoiros durante o curso escolar 2024-2025 (de setembro a xuño).
• Obradoiros días soltos.
• Obradoiros vacacións escolares (primeiros días de Setembro, Nadal, Entroido, Semana Santa e últimos días de xuño). Estas prazas, no caso de que non se cubran cos nenos/as matriculados nos obradoiros do curso escolar serán cubertas segundo os puntos obtidos mediante o proceso de baremación.

Obradoiros de Verán 2024

Os obradoiros de verán desenvolveranse nos meses de xullo e agosto (agás sábados, domingos e festivos), en horario 10:00 h a 14:00 h con posibilidade de solicitar o servizo de almorzo (de 09:00 h a 10:00 h); e de comedor (de 14:00 h a 15:00 h), así como as franxas "fóra do horario", entre as 07:30 h e as 10:00 h e entre as 15:00 h e as 16:00 h.

Solicitude de obradoiros

As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Se presenta a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal/ ) escolla " inscrición nos obradoiros das escolas infantís municipais" dentro do catálogo de trámites dispoñible.

Tanto para os obradoiros do vindeiro curso como para os deste verán 2024, o prazo de presentación de solicitudes do procedemento de reserva de prazas dos nenos/as matriculados neste curso escolar 2024-2025, e dos/as fillos/as dos/as traballadores/as das E.I.M de Conxo, das Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños será entre os días 2 e 10 de maio de 2024 (ambos os dous inclusive).

Unha vez rematado este período de presentación e revisadas as reservas de praza se procederá á exposición pública das prazas vacantes por escolas o día 16 de maio.

O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 20 ao 29 de maio.

As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:
1. As de nenos/as con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.
2. As de nenas/os con irmán ou irmá matriculado na escola infantil municipal.
3. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo en base ao establecido na RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2024/25

O impreso de solicitude estará dispoñible, xunto coa información complementaria, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, e na páxina web municipal santiagodecompostela.gal.

Listaxes de admitidos/as

Unha vez publicadas as listaxes de admitidos/as e de agarda, as persoas solicitantes poderán formalizar a matrícula entre o 12 e o 19 de xuño. Nas escolas contarán con toda a información e asesoramento relativo ao desenvolvemento deste programa educativo. Así mesmo as familias deberán presentar, dentro dos prazos de matrícula, a documentación xustificativa que se lle requira dende a escola. A non presentación poderá condicionar a puntuación obtida e polo tanto o dereito a praza asignada.

Para máis información e consultas:

- E.I.M DE CONXO: 981528702 - eimdeconxo@yahoo.com
- E.I.M DAS FONTIÑAS: 981528703 - eimdasfontinas@yahoo.com
- E.I.M DE MEIXONFRIO- SALGUEIRIÑOS: 981528707 - eimdemeixonfrio@yahoo.com

Toda a información nos documentos adxuntos.

Compartir: