FUNDACIÓN GRANELL

O Pazo de Bendaña acolle a mostra "Derrame cono sur ou a viaxe dos argonautas"

16/05/2005 O mércores 18 de maio, o grupo surrealista chileno "Derrame" inagurará a unha exposición, que permanecerá aberta ata o 20 de xuño deste ano.

O grupo chileno "Derrame", cunha traxectoria de mais de seis anos, amosará na Fundación Granell ata o vindeiro 20 de xuño deste ano unha selección do seu traballo plástico, enmarcado na estética surrealista e realizado de xeito individual ou colectivo. Ademais, achegará ao público á súa actividade literaria.

Na presente mostra poderanse ver pinturas, collages, debuxos e libros e revistas que dan conta da actividade surrealista en Chile, Arxentina e Brasil.

Entre os artistas que emprenderon esta viaxe figuran Aldo Alcota, cos seus "debuxos metamorfoseados que nos recordan inconscientemente a Goya, pero do século XX", segundo Rodrigo Hernández Piceros, editor da revista "Derrame"; RobertoYáñez, que expón a súa obra poética, plasmada en tres libros, e unha escolla da súa obra pictórica; Carlos Sedille, cun libro de relatos cercano ao absurdo e dous debuxo-collages e Enrique de Santiago presenta dúas obras en formato díptico, un debuxo e unha pintura.

Por último, Víctor Chab, Gladis Gómez e Alejandro Puga, engaden á exposición as súas visións sobre o panorama surrealista arxentino actual, mentres que Konrad Zeller trae os seus collages desde Brasil.

O mércores 18 ás 12.30 da mañá, haberá unha rolda de prensa na Sala de Conferencias do Pazo de Bendaña, que contará coa presenza dun dos artistas: o chileno Enrique de Santiago.

Compartir: