CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación "Vive o verán", que organiza a rede de Centros Socioculturais

04/05/2021 Desde hoxe, e ata o 22 de maio, está aberto o prazo de inscrición no programa "Mañás de verán e xogo. Vive o verán 2021" que organiza o departamento de Centros Socioculturais. Trátase dun amplo abano de actividades de conciliación, que ofertan un total de 150 prazas destinadas a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos.

Presentouno hoxe o concelleiro Javier Fernández, acompañado do responsable de Educación e Mocidade, Rubén Prol, no marco dun proxecto máis amplo denominado Educa-Concilia, que ten por obxectivo dar unha resposta, o máis ampla posible, ás demandas de conciliación das familias de Santiago de Compostela.

Das 150 prazas dispoñibles, 60 pertencen aos CSC urbanos e 90 aos do rural. En concreto, o CSC de Fontiñas ofrecerá, 20 prazas para menores de 6 a 10 anos baixo a temática "Verán rechamangueiro". Santa Marta, outras 20 para nenos e nenas de 4 a 8 anos destinadas a "pequenos artistas"; e o Centro Sociocultural de Vite outras 20 prazas, para menores de 7 a 14 anos baixo a temática "Aventura en Vite".

Os centros socioculturais de Figueiras, Lavacolla, Nemenzo, A Gracia, Marrozos, Villestro, acollerán as "Mañás de xogo nos CSC do rural". Serán un total de 15 actividades por centro, en horario de luns a venres, de 09:30 h. a 14:30 h.

O horario é de dez da mañá a dúas da tarde; e de cinco da tarde a nove da noite. Estableécese, previa solicitude na inscrición, un horario de conciliación que vai desde as oito da mañá ás tres da tarde.

Establécense fescontos por ser familia númerosa ou monoparental, dun 50%, por apuntamento dun segundo fillo que chegaría ata un 20%, e a posibilidade de exención de pago para aquelas familias cos pais ou titores que se atopen en situacióin de desemprego.

A publicación do listado de admitidos a sorteo está programada para o 28 de maio; e o citado sorteo para o 3 de xuño. A formalización da matrícula e o pagamento establécese entre o 14 e o 23 de xuño. As fichas de pre-inscrición pódense descargar ao final desta noticia, ou a través dos códigos QR do folleto promocional.

Documentos relacionados



Compartir: