PERSOAL

Publicada no BOP a convocatoria de 37 prazas de promoción interna, incluidas nas ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020

01/05/2021 O BOP da provincia da Coruña do 28 de abril de 2021 publica as bases específicas da convocatoria de distintas prazas de promoción interna, incluidas nas ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020. O proceso de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte á súa publicación no BOE.

Son un total de 37 prazas divididas en:

- 4 prazas de técnico/a de administración xeral. As prazas convocadas están encadradas na Escala de Administración Xeral, subescala técnica, do subgrupo A1, do cadro de persoal do Concello de Santiago de Compostela; e figuran na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 6 de xullo de 2020 (BOP da Coruña núm. 111, do 20/07/2020). O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

-16 prazas de administrativo/a, 10 de persoal funcionario e 6 de persoal laboral, a funcionarizar (do servizo de Recadación). As 10 prazas de persoal funcionario convocadas están encadradas na Escala de Administración Xeral, subescala administrativa, do subgrupo C1. Cinco destas prazas figuran na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 7 de decembro de 2018 (BOP da Coruña núm. 241, do 19/12/2018) e as cinco restantes na oferta de emprego público do ano 2019, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 9 de decembro de 2019 (BOP da Coruña núm. 243, do 23/12/2019). As 6 prazas de persoal laboral están configuradas como persoal laboral do servizo de Recadación, equiparadas ás prazas de persoal funcionario encadradas na Escala de Administración Xeral, subescala administrativa, do subgrupo C1. Tres figuran na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 7 de decembro de 2018 (BOP da Coruña núm. 241, do 19/12/2018), e as outras tres na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 9 decembro de 2019 (BOP da Coruña núm. 243, do 23/12/2019). O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

- 4 prazas de conserxe: 1 de persoal laboral, a funcionarizar, e 3 de persoal funcionario. As prazas convocadas están encadradas na Escala de Administración Xeral, subescala subalterna, do subgrupo C2. Unha figura na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 22 de decembro de 2017 (BOP da Coruña núm. 244, do 27/12/2017); outra na oferta de emprego público do ano 2018, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 7 de decembro de 2018 (BOP da Coruña núm. 241, do 19/12/2018); e ouras na oferta de emprego público do ano 2019, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 9 de decembro de 2019 (BOP da Coruña núm. 243, do 23/12/2019). A praza de persoal laboral está incluída na oferta de emprego público do ano 2019. O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

- 1 praza de intendente no corpo da Policía Local. A praza convocada está encadrada na Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, do subgrupo A1 , e figura na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 6 de xullo de 2020 (BOP da Coruña núm. 111, do 20/07/2020). O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

- 1 praza de inspector principal no corpo da Policía Local. A praza convocada está encadrada na Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, do subgrupo A2, e figura na ampliación da oferta de emprego público de 2018, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 28/02/2019 (BOP da Coruña núm. 78, do 25/04/2019). O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

- 2 prazas de sarxento do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. As prazas convocadas están encadradas na Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, do subgrupo C1; e figuran na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 6 de xullo de 2020 BOP da Coruña núm. 111, do 20/07/2020). O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición, e constará das seguintes fases: fase de concurso, recoñecemento médico, presentación da documentación e curso selectivo de formaciion e práticas.

- 5 prazas de músico da Banda Municipal de Música. As prazas convocadas están encadradas na Escala de Administración especial, subescala servizos especiais, do subgrupo A2; e figuran na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 6 de xullo de 2020 (BOP da Coruña núm. 111, do 20/07/2020). Dúas son de percusión, unha de trompeta, unha de trompeta-fliscorno e unha de clarinete. O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

- 4 prazas de coordinador/a de centros cívicos, persoal laboral a funcionarizar. As prazas convocadas están equiparadas ao subgrupo A2, e figuran na oferta de emprego público aprobada pola Xunta de Goberno Local o 6 de xullo de 2020 (BOP da Coruña núm. 111, do 20/07/2020). O sistema selectivo, pola quenda de promoción interna, será o de concurso-oposición.

Compartir: