DEPORTES

Recepción aos atletas que acadaron medalla no Campionato de España de Duatlón

26/04/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a recepción ás e aos atletas que foron medalla no Campionato de España de Duatlón. Polo Club Triatlón Compostela estaba Lucas García Picón, que acadou o terceiro posto na categoría de cadete; e do "Triatlón Inforhouse Santiago", Ainoa Gontán, terceira clasificada en categoría xuvenil; e o equipo feminino xuvenil do clube, que tamén quedou clasificado en terceiro lugar.

Na recepción tamén estaba presente a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e os edís do PP, Evaristo Ben; de Compostela Aberta, Jorge Duarte; e do BNG, Navia Rivas de Castro. Tanto o alcalde como os concelleiros felicitaron aos medallistas e destacaron o esforzo que realizan para compaxinar estudos e deporte. O campionato de España de Duatlón celebrouse en Avilés o 10 e 11 de abril.

Compartir: