ALCALDÍA

O alcalde de Santiago recibe unha delegación do concello canario de Pájara

22/04/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu onte unha delegación do concello de Pájara (Fuerteventura), entre a que se encontraba o seu rexedor, Pedro Armas Romero; e o concelleiro de Policía Local, Emerxencia e Praias, Raymundo Dacosta Calviño. Durante o encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, solicitaron poder utilizar a Praza do Obradoiro para unha actividade de promoción turística do municipio canario.

A delegación de Pájara atópanse de visita en Galicia co obxectivo de promocionar o seu concello, o que maior extensión de praias ten de Canarias. Conta cun litoral de 150 quilómetros repartidos entre o centro e o sur da illa de Fuerteventura. A súa economía céntrase no turismo, ofrecendo máis de 18.000 prazas hoteleiras e extra-hoteleiras. Os núcleos de poboación máis importantes son Morro Jable, sede de importantes campionatos internacionais de windsurf, Costa Calma e Solana Matorral.

Compartir: