TURISMO

Turismo de Santiago participa nas xornadas Meet Hiszpania 2021 de Polonia

21/04/2021 A cidade continua promocionándose nos seus principais mercados para a recuperación turística unha vez se superen as restricións xeradas polo Covid-19.

Turismo de Santiago participa nas Meet Hiszpania 2021, xornadas de comercialización turística organizadas pola Oficina Española de Turismo de Varsovia, que se celebran do 20 ao 23 de abril. A entidade de promoción turística municipal ten previsto manter máis de trinta reunións virtuais con profesionais do sector polaco interesados na cidade.

O programa inclúe xornadas de traballo e encontros profesionais, obradoiros de contido especialmente cultural e gastronómico, ademáis das presentación dos destinos, incluindo unha presentación de Santiago e outra do Camino de Santiago.

Dende Turismo de Santiago farase especial fincapé na prolongación do Ano Santo e na promoción da cidade como un destino con moitos espazos verdes non masificados e na ampla oferta da gastronomía atlántica.

A imaxe de España en Polonia é moi positiva, sendo un destino vacacional cada vez máis coñecido polos cidadáns polacos. O crecemento do turismo a España foi moi alto nos últimos dez anos. Por exemplo, en 2019 España foi o cuarto destino en turoperación no mercado polaco.

Ademáis, o Camiño de Santiago é moi coñecido no mercado polaco. No ano 2019 Polonia situouse no decimotercer lugar no listado de países con maior número d peregrinos, chegando aos 4.874.
Coa participación nestas xornadas, Turismo de Santiago continúa promocionando Santiago en mercados estratéxicos para a cidade de cara a recuperación da demanda turística unha vez que se levanten as restricións á mobilidade xeradas pola pandemia.

Compartir: