ALCALDÍA

Visita da cónsul de Colombia

14/04/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira Mila Castro, de quen depende a Unidade Municipal de Atención ás Migracións (UAMI), recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi á cónsul de Colombia, Gloria María Borrero Restrepo.

Gloria Borrero informounos da presenza na cidade na xornada de hoxe do consulado móbil, dentro da iniciativa "Colombia más cerca de ti". O Consulado xeral central de Colombia en Madrid, a través desta unidade móbil, busca achegarse á súa cidadanía e facilitarlles a realización de trámites, evitando así desprazamentos.

Entre os días 13 e 15 de abril a unidade moverase entre as cidades de Coruña, Santiago e Pontevedra. Será preciso, non obstante, que quen queira ser atendido pida cita previa. En Santiago estará durante a xornada de hoxe, ata as 17.00 h, na céntrica praza Roxa.

Compartir: